martes, 22 de novembro de 2016

CONTO VIAXEIRO 2016

Chegaron ao noso centro exemplares impresos do conto viaxeiro no que participamos con outros centros do Concello de Ferrol. Dende hoxe están na biblioteca a vosa disposición.
 
 
Deixámosvos tamén o enlace onde o podedes consultar na rede.

contoviaxeiroferrol.wordpress.com
 


mércores, 9 de novembro de 2016

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

O pasado venres 4 de novembro o alumnado dos PFPB de Xardinería e Viveirismo e Restauración realizaron unha saída ás Fragas do Eume.

DE FESTA CO MAGOSTO E O SAMAÍN!

Deixámosvos un vídeo  coas fotos da celebración do Magosto e do Samaín para que vexades todas as actividades que realizamos .
Como nos gustan as festas!.
Queremos dar as grazas a Paco Nogueiras por deixarnos empregar a súa canción "No Samaín" do seu cd "Brinca Vai". Botádelle un ollo e dúas orellas ao CD, merece a pena!!!
 
Un saúdo do voso amigo o rato Roi.