martes, 27 de xaneiro de 2015

PINTURA MÁXICA

Hoxe queremos compartir convosco unha sesión moi divertida cos máis pequenos do cole.

Pintaron cada un nun folio cunha pintura máxica, brilla na escuridade!

Para facer esta actividade só precisamos de:

- Pinturas fluorescentes.
- Canicas (5 para cada cor)
- Caixas de zapatos, unha para cada neno/a.
- Vasos de plástico.
- Folios en branco.

Primeiro preparamos a nosa caixa de zapatos meténdolle un folio branco dentro (tamén podemos empregar cartolinas ou o que queiramos).

Poñemos un chisco de pintura en cada vaso, tantos coma cores teñamos, no noso caso tiñamos 4 cores: laranxa, verde, amarelo e fuscia.

Despois metemos 5 canicas en cada vaso.

Mirade como brillan coa luz negra!




Finalmente só queda que cada neno colla unha canica de cada cor e a meta na súa caixa, despois deberá tapala e... A AXITAR!




Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario